Xornada de eAdministración para PEME na Cámara de Comercio de Santiago

mércores, 15 de abril do 2015 Redacción

Santiago acolle este xoves un novo encontro sobre os camiños e feituras que van tomar os nosos xeitos de relacionarnos como empresas coas institucións públicas e os métodos TIC usados por estas para seren máis áxiles, eficientes e sustentábeis. A Xornada sobre o Fomento da Administración Electrónica nas PEME e autónomos vén da man da Cámara de Comercio de Santiago en colaboración co Concello. A inauguración correrá a cargo de Jesus Asorey, presidente da entidade cameral, e Reyes Leis, concelleira de Economía. O evento (de balde) desenvólvese a partir das 11.00 horas na sede da Cámara na rúa San Pedro de Mezonzo.
O obxectivo é dar a coñecer os usos da factura electrónica entre as pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos da área de Santiago e as ferramentas do Programa eAdministración. A xornada estará impartida pola técnica da Axencia Tributaria (AEAT), Raquel Boiza, o coordinador nacional do Programa eAdministración da Cámara de España, Juan Miguel Cuellar, a directora xeral de Camerfirma, Rosario Márquez, e o director xeral de Coloriuris, Pedro J. Canut.

PUBLICIDADE