Yoigo anuncia que a incluirá a nosa lingua nas facturas aos clientes

martes, 9 de febreiro do 2016 Redacción

Malia que aínda fica moita materia pendente no ámbito do respecto ás linguais co-oficiais do Estado, sempre é de agradecer o compromiso co galego de empresas referenciais. Un dos máis recentes movementos de ficha a prol do noso idioma veu da man da operadora Yoigo, que logo de reiterados convites feitos pola Mesa pola Normalización Lingüística a prol de apostar polo galego nas súas comunicacións, semella estar en disposición de achegar un compromiso firme para incluír a nosa lingua nas facturas emitidas aos clientes xunto co catalán, o éuscaro, o castelán e o inglés. A nova foi dada a coñecer nas redes sociais de mans da propia compañía de telecomunicacións.
Como dixemos a medida tivo a súa orixe nas peticións da Mesa e nas queixas dos usuarios recollidas pola plataforma. Segundo fan saber dende a asociación, esta fíxolle saber á operadora que “a exclusión do galego e da posibilidade de utilizaren as persoas usuarias a lingua vulnera os dereitos lingüísticos de centos de usuarios e usuarias dos seus servizos na Galiza”. Máis polo miúdo, a Mesa fixo referencia aos parágrafos terceiro e cuarto do art. 10 da Carta Europea das Linguas Minoritarias, que serven en boa medida de garantes dos dereitos lingüísticos das galegas e galegos perante “as empresas prestadoras de servizos, como as telefónicas”.

PUBLICIDADE