Industria actualiza a distribución do espectro radioeléctrico
Segundo
puidemos ler no Boletín Oficial do Estado (BOE) de hoxe, o Ministerio de
Industria, Turismo e Comercio vén de aprobar a nova versión do Cadro Nacional de Atribución de Frecuencias (CNAF),
mediante unha Orde Ministerial que substitúe á que fora aprobada en novembro de
2007.
Este novo Cadro Nacional de Atribución de Frecuencias
establece a distribución do espectro radioeléctrico entre os distintos servizos
de radiocomunicacións, para os que constitúe o soporte imprescindible de
transmisión da información.
Como ben é
sabido, a telefonía móbil, os servizos de radiodifusión e televisión, as
comunicacións por satélite e outras moitas aplicacións e servizos precisan para
a súa prestación do uso do espectro radioeléctrico, motivo polo que é preciso,
segundo informan dende o Ministerio, “avaliar
periódicamente as necesidades de comunicación e as previsións de
desenvolvemento de cada un dos servizos, resenvándolle as porcións de espectro
radioeléctrico que en cada caso resulten axeitadas”.
O CMG de Compostela acolle a presentación da I guía impresa das webs de Galicia

Mañá venres, ás 12:00 horas, o Centro
Multimedia de Galicia, en Santiago de Compostela, vai dar acollida á
presentación dunha das publicacións máis agardadas pola comunidade internauta
galega nos últimos anos, a Guía das webs
de Galicia, unha publicación que recolle completa información sobre 4.800
páxinas web galegas para estar ao día no referente ás novas tecnoloxías e
Internet na nosa Comunidade.
Esta Guía, editada por Interdix Galicia a
toda cor, recolle no noso idioma completa información sobre tódolos sitios en
liña galegos, coa dirección de cada un deles e con datos de interese para os
usuarios.
Microsoft e 40 caixas de aforros analizan os beneficios da tecnoloxía para mellorar a eficiencia e competitividade

Baixo o lema Tres pantallas e unha nube. Un mundo por
crear, Microsoft reune en Santiago de Compostela
durante os días 10 e 11 de marzo a 40 Caixas de Aforros na novena edición do Fórum
Microsoft de Caixas de Aforros. Este encontro, ten
como obxectivo principal achegar a tecnoloxía de Microsoft
máis idónea para que as Caixas Aforros sexan máis eficientes e competitivas.
Agora máis que nunca, a implantación de tecnoloxía innovadora é o aliado ideal
para as Caixas de Aforros, en prol de mellorar a súa produtividade e
eficiencia. As Tecnoloxías da Información e, en concreto, o software son
imprescindibles nestes momentos como facilitadoras
da innovación necesaria para mellorar significativamente a produtividade nos
procesos comerciais e na xestión interna das Caixas de Aforros.
Google Apps estrea tenda de aplicacións
Google Maps comeza a ter en consideración ás bicicletas
Lugo contará cunha nova web para a comercialización de produtos do rural
Gomaespuma comparte o seu arquivo radiofónico nun novo podcast
A Galipedia cumpre sete anos achegando coñecemento libre
![]() |
O BNG propón no Congreso a concesión de licenzas de telefonía móbil para Galicia
A
Comisión de Industria, Turismo e Comercio vai debater, ás 17:00 horas deste
mesma tarde, unha iniciativa do BNG para que o Goberno, mediante a xestión
compartida do espectro radioeléctrico coa Xunta de Galicia, permita conceder
licenzas para operadores sen fíos na nosa Comunidade.
Francisco Jorquera considera “fundamental esta medida para que o medio rural galego teña cobertura de
calidade en servizos de telefonía móbil e banda larga de Internet”.
Relatorios de introdución ao Software Libre no IES de Oroso
Inestable, a asociación de usuarios de GNU/Linux de Ordes, organiza unha serie de relatorios de introdución ao Software Libre no Instituto de Ensino Secundario de Oroso que terán lugar os mércores día 10 e 17 de marzo divididas en dous grupos que acudirán ás mesmas ás 16:30 e ás 17:20 horas respectivamente cadanseu día.
El Mundo oferta Orbyt de balde temporalmente
O novo medio dixital da factoría de El Mundo, Orbyt, que aposta polo pagamento para o acceso aos seus contidos, ofrécese durante un par de días de balde, para que os lectores poidan comprobar se están dispostos a pagar polos seus contidos que inclúen as 20 edicións de El Mundo, as 16 revistas e suplementos do xornal e moitos outros contidos interactivos e audiovisuais.
GADGETS:
Novos dispositivos PLC de brite-View

A tecnoloxía PLC resulta moi
atinada para conectar equipos informáticos en rede sen precisar da instalación
dunha nova rede de cable e sen ter que lidiar coas limitacións do Wi-Fi, de aí
que brite-View presente o LinkE, un novo
kit baseado na tecnoloxía PLC que está pensado especialmente para a transmisións
de vídeos en alta definición dentro do noso fogar, pois permite establecer conexións
de ata 200 Mbps, o que tamén pode aproveitarse para conectarse á Internet.
Esta nova solución venderase
inicialmente a un prezo promocional de 89,99 dólares (65,90 euros).
VIDEOXOGOS:
Street Fighter IV chega ao iPhone

O anuncio da conversión do
xogo Street Fighter IV para o iPhone abría
incógnitas sobre o seu sistema de control,
pois o uso de mandos virtuais sobre unha pantalla táctil non parece o máis
atinado para un xogo de loita, pero hoxe puidemos saír de dúbidas, pois este
agardado título de Capcom chegou á App Store, de xeito que os
usuarios de iPhone e iPod Touch poden adquirilo
por 7,99 euros para gozar dun xogo cunha formulación realmente nova
e moi optimizada para os terminais de Apple, de xeito que podemos asegurar que
non decepcionará aos seareiros desta franquía de xogos de loita.
· A SingStore incopora novas cancións este xoves
· Ubisoft prepara un novo xogo de fútbol para antes do verán
Colaboracións de Código Cero no programa Bos Días da TVG:
· Detectan malware en terminais HTC Magic distribuídos por Vodafone no Reino Unido
· A Oficina de Software Libre da USC completa a revisión do Firefox 3.6 en galego
· Vigo sitúase no posto número nove de cidades afectadas polo bot Mariposa no eido estatal
· 125.000 galegos completaron hoxe a súa transición á TDT
· O iPad chegará ao mercado en abril
· Sony podería preparar un móbil compatible con xogos de PlayStation
· Increméntase o número de usuarios que descargan contidos ilegais en Francia
· O conselleiro de Educación destaca a utilidade da plataforma Abalar
· Windows mellora a fiestra de presentación dos navegadores dispoñibles
· Os creadores de Internet optan ao Nobel da Paz deste ano
· O software libre está presente na práctica totalidade das universidades españolas
· O Goberno recúa nas súas pretensións de que os buscadores paguen ás compañías de telecomunicacións
· Especialistas galegos en TIC deseñan software específico para o sector das renovables
· Chega a Galica a campaña de fomento do uso do DNIe
· A derradeira fase do apagamento analóxico na nosa terra comeza este mércores
· Galiciadixital fai a súa última parada nun centro de saúde ourensán
· Un chip ARM podería ser o culpable do último fallo da PS3
· Ono dobrará as súas conexións á Internet por 2 euros adicionais ao mes











