Publican un anuario de blogs en español

martes, 18 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Hoxe sae á venda o libro La Gran Guía de los Blogs 2008, de Rosa J. C. e Francisco Polo, editado na Colección Planta 29 de Ediciones El Cobre, que nace con vocación de anuario e que nas súas 531 páxinas a toda cor recolle reflexións sobre o acontecido en 2007 con respecto ó fenómeno dos blog acompañadas dun directorio con centos de bitácoras de Internet en español clasificadas por materias, fuxindo dun formato de guía telefónica e apostando por dedicarlle a cada blog un espazo importante (a metade de cada páxina, incluíndo imaxe, descrición e ficha técnica de cada caderno dixital).
O texto tamén pretende promover e estimular a presenza do español na Rede, pois na actualidade só o 4% dos blogs no mundo están escritos en español fronte ó 36% en inglés. A obra ten un carácter internacional, tomando como nexo de unión o idioma español, polo que aparecen blogs de todo o mundo, para construír unha ferramenta de achegamento para os hispanofalantes que queiran saber máis da blogosfera.

PUBLICIDADE