O VCR 2 PC facilita a dixitalización de cintas VHS

venres, 11 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

A empresa Ion, coñecida por comercializar, entre outros produtos, un reprodutor de cintas de casete e un prato para discos de vinilo que permitían dixitalizar a música a un ordenador conectado a través dun porto USB, fai agora o propio coas cintas VHS, invitando a recuperalas para poder pasalas ó disco duro do ordenador, a reprodutores multimedia portátiles ou a discos DVD.
O VCR 2 PC conéctase ó ordenador por USB e inclúe un programa que permite converter as imaxes a vídeo comprimido en distintos codecs entre os que non falta o H.264 que é compatible con moitos dos novos reprodutores multimedia actuais.
O dispositivo é compatible tanto con PC coma Mac, e mesmo ten unha saída de vídeo para previsualizar as imaxes nun televisor, ou sexa, que o VHS integrado funciona coma un videogravador tradicional. Ion venderá versións NTSC e PAL a partires de finais do mes de maio.

PUBLICIDADE