O casco histórico compostelán terá rede WiMAX antes de rematar 2008

martes, 20 de maio do 2008 Marcus Fernández

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago de Compostela deu conta da resolución da Secretaría de Estado de Telecomunicacións de modificación de execución do proxecto da Rede WiMAX para o casco histórico compostelán consistente na redistribución do orzamento entre partidas. Dada conta desta modificación, a orde do día da Xunta de Goberno do vindeiro luns incluirá o prego de condicións técnicas e administrativa deste proxecto, que se exporá publicamente durante 3 meses tralo que se adxudicará definitivamente, cun prazo de execución máximo de 3 meses, polo que a nova infraestrutura estará dispoñible antes de rematar o presente ano.
Este proxecto conta cun orzamento de 550.000 achegados a partes iguais entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e o Consorcio de Santiago, e permitirá incorporar o Casco Histórico ás TIC, igualándoo a outras zonas da cidade.

PUBLICIDADE