Xa se pode probar o Spore Creature Creator

mércores, 18 de xuño do 2008 Marcus Fernández

O agardado xogo de Will Wright (creador de SimCity e os Sims), Spore, chegará no mes de setembro, pero mentres xa é posible descargar o Spore Creature Creator, unha aplicación para PC e Mac que permite xogar a crear seres para o futuro xogo.
Esta nova ferramenta dá renda solta á imaxinación dos usuarios, que poden desenvolver criaturas de curiosas aparencias, aínda que a versión dispoñible é só de proba, permitindo só definir a cuarta parte das características que estarán dispoñibles na versión definitiva (de pago).
As criaturas creadas nesta aplicación poderanse importar no xogo Spore, pero mentres non este non chega a aplicación de creación destes seres serve para probalas, tirarlles fotografías e mesmo gravar películas para logo compartilas na Internet, o que xa está a aproveitar algún usuario de xeito humorístico (ou homenaxeando a personaxes de series de televisión), pois en YouTube xa se poden ver clips de criaturas con forma de pene ou cun pene xigante.
Todas estas contribucións son as que farán atractivo o universo de Spore, pois os usuarios poderán compartir as súas creacións con todo o mundo, tanto na Sporepedia como na canle oficial en YouTube. Para dar un pouco de vida ás novas creacións, xa poden participar nun concurso de baile:

PUBLICIDADE