Bill Gates despediuse de Microsoft cun emotivo discurso

venres, 27 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Gates acompañado por Ballmer durante o seu discurso de despedida

Finalmente hoxe foi o día no que Bill Gates dixo adeus a Microsoft, dedicando unhas palabras aos traballadores da empresa no que case foi un discurso lacrimóxeno, durante o que a voz do fundador da compañía creada en 1975 tremeu en varias ocasións.

Gravación sonora do discurso de despedida de Gates

A intervención de Gates foi curta, e se notou especialmente afectado cando dixo que «non haberá un día na miña vida na que non pense en Microsoft, nas grandes cousas que estamos a facer», mentres que Steve Ballmer agradecía a súa dedicación a Gates:« Non hai xeito de dicir grazas a Bill. Bill é o fundador. Bill é o líder. Este é o bebé de Bill».
A partir de agora Gates dedicará os seus esforzos á Fundación que preside coa súa dona, para axudar aos máis necesitados achegando fondos para a investigación de novas vacinas ou promovendo microcréditos.

PUBLICIDADE