Andalucía e Galicia colaboran no impulso da Administración Electrónica

venres, 11 de xullo do 2008 Marcus Fernández

A Junta de Andalucía chegou a un acordo coa Xunta de Galicia polo que a Concejería de Justicia y Administración Pública cederá as súas plataformas tecnolóxicas de Administración Electrónica, o que fará posible que a Administración galega se sume aos sistemas de xestión desenvolvidos en Andalucía.
As ferramentas permiten unificar a xestión dos documentos recibidos por internet e por outras canles de atención, entre elas a presencial, ademais de dispoñer dunha ferramenta informática de notificación para unha mellor comunicación cos seus usuarios.
Esta cesión da Junta será de xeito indefinido e sen cargo á Xunta, comprometéndose os dous gobernos a dirixir actuacións encamiñadas a informar e achegar os medios de administración electrónica aos cidadás.

PUBLICIDADE