Vigo acolle a estrea de Galicia 2098, a polémica curta preadiantada no YouTube

martes, 22 de xullo do 2008 Fernando Sarasketa

O director galego Edu Lavandeira (do que xa falamos hai pouco nesta web con motivo da presentación dunha curta onde reflexionaba sobre a teima de gravar malleiras co móbil entre a mocidade) presenta este sábado en Vigo (para o equipo responsable da filmación) a súa nova curtametraxe, Galicia 2098, unha peza da que xa se puído ver un adiante no YouTube. A curta, que se vai dar a coñecer ás 20.30 horas no pub Olalá, semella vir con argumentos abondo como para xerar expectación, tal e como se puído comprobar co elevado número de visitas que recibiu o tráiler no dito servizo de vídeos en liña: 4.000 en só tres días.
Galicia 2098, que como indica o seu nome propón unha viaxe no tempo ao futuro da nosa terra, elude na súa trama calquera tentativa de botar man dos recursos tópicos da ciencia ficción. De feito, recréase nela un futuro sen coches voando, sen teletransportación, sen clonacións humanas pero tamén sen galego.
Grazas ao tráiler, a peza foi obxecto de numerosos foros de discusión sobre se os prognósticos que lanza a curta van camiño de cumprirse ou non.
Volvendo ao acto do sábado, dicir que complemento á estrea para o equipo, Galicia 2098 a obra está xa a presentarse perante a comunidade internauta no certame Curtas na Rede, o festival de pezas en liña que cada ano promove a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.

PUBLICIDADE