1,1 millóns de espectadores simultáneos seguiron un torneo de youtubers
luns, 26 de marzo do 2018- A retransmisión chegou a 1,1 millóns de espectadores simultáneos
O xogo en liña Fortnite
Battle Royale converteuse en todo un fenómeno, e hai pouco máis dunha
semana o xogador profesional Tyler Ninja
Blevins, apoiado polo artista Drake, conseguiu establecer unha marca mundial
impresionante ao xuntar a 628.000 espectadores simultáneos na súa retransmisión
en directo dunha partida a través da Internet, record que pouco durou, xa que El Rubius case dobrou o número de
espectadores ao convidar a preto
dun cento de youtubers para
participar nun torneo cun pico de
audiencia de 1,1 millóns de espectadores, aÃnda que, dado que moitos dos
participantes tamén realizaban as súas respectivas retransmisións, a audiencia
total poderÃa ser duns 10 millóns de espectadores.
- Un cento de youtubers déronse cita no torneo organizado por El Rubius
Durante a xornada de onte o cancelo #YTBattleRoyal chegou a ser tendencia
mundial en Twitter, o que era bastante previsible, xa que o torneo contaba coa
participación de numerosas celebridades na Rede, como Mangel, Wismichu,
Loulogio, Zorman, Chincheto e Luzu, que en boa parte dos casos teñen millóns de
seareiros a ambos lados do Atlántico, facendo que este evento resoase con forza
en toda a Internet de fala hispana.
AÃnda que a marca establecida onte sexa moi importante, cómpre matizar que
realmente non competirÃa directamente coa de Ninja, xa que os directos desenvolvéronse en plataformas diferentes
(Ninja en Twitch e El Rubius en
YouTube). Pero iso non quita mérito ao acontecido onte, senón todo o contrario,
xa que de media o número de espectadores de Twitch é o dobre que o de YouTube
(en retransmisións de xogos en directo).
VÃdeo coa retransmisión de onte
ACTUALIZACIÓN: Ao parecer o número de espectadores total do torneo organizado por El Rubius poderÃa ter superado os 42 millóns.