1,2 millóns de galegos acceden xa á súa historia clÃnica grazas á plataforma É-Saúde
venres, 15 de setembro do 2023
O Servizo Galego
de Saúde informou de que 1,2
millóns de persoas están rexistradas na plataforma É-Saúde, que permite o
acceso de cada paciente á súa propia historia clÃnica no marco da xornada
organizada hoxe en Madrid polo Ministerio de Sanidade con motivo do DÃa
Mundial da Seguridade do Paciente que se conmemora o 17 de setembro.
En liña co lema
da Organización Mundial da Saúde Demos voz aos pacientes!, o Sergas
facilita a súa participación ofrecendo a posibilidade de consultar en calquera
momento e lugar a súa historia clÃnica a través da app Sergas Móbil. Ademais,
ofrécese a posibilidade de que cada paciente introduza información na súa
carpeta persoal (PHR) de É-Saúde para acordar cos seus profesionais sanitarios
a remisión de informes ou fotografÃas sobre o control da súa saúde.