1,3 millóns de euros para axilizar o traballo do Servizo Galego de Saúde mediante IA xenerativa
martes, 22 de xullo do 2025
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, subliñou onte que o Goberno galego continúa a avanzar no desenvolvemento de solucións dixitais para mellorar a eficiencia dos recursos sanitarios, para o que destinarán 1.305.328,64 euros á contratación dun servizo para deseñar ferramentas baseadas en intelixencia artificial xenerativa, coas achegas dos profesionais da sanidade pública, que contribúan a desburocratizar o traballo do persoal do Servizo Galego de Saúde.
O Consello da Xunta tomou coñecemento dun informe da ConsellerÃa de Sanidade sobre a futura contratación de servizos de apoio ao diagnóstico mediante algoritmos e dunha plataforma de intelixencia artificial xenerativa orientada á toma de decisións clÃnicas.
Rueda destacou que a prioridade da Xunta é garantir que os profesionais sanitarios dispoñan de máis tempo para atender os seus pacientes. AsÃ, a intelixencia artificial servirá de ferramenta para tarefas como a codificación de episodios de ingreso ou a redacción de informes de alta. O sistema recollerá datos de urxencias, cursos clÃnicos médicos e de enfermarÃa, informes de radiodiagnóstico e resultados de laboratorio, para propoñer unha codificación que despois será validada polos profesionais.
No caso dos informes de alta, a ferramenta ofrecerá un borrador estruturado con terminoloxÃa homoxeneizada, que poderá ser modificado polo profesional encargado da súa validación, escollendo que información manter ou eliminar.
Ademais, este sistema facilitará a estruturación da información empregando as etiquetas da historia clÃnica do Servizo Galego de Saúde. Cando un profesional escriba un texto con anotacións ou un informe sobre o paciente, a intelixencia artificial analizará o contido para identificar variables clÃnicas, procedementos, problemas de saúde ou sÃntomas. Posteriormente, devolverá esta información para que o profesional seleccione que elementos incorporar á historia clÃnica electrónica IANUS5.
O sistema tamén incluirá unha ferramenta de apoio baseada en protocolos e guÃas clÃnicas, capaz de emitir alertas ou recomendacións cando detecte que cómpre unha intervención por parte do facultativo, en función da análise automatizada deses documentos.
Outras funcionalidades permitirán facer consultas personalizadas sobre a historia clÃnica do paciente para obter información concreta de maneira máis rápida. Por exemplo, será posible acceder a informes de intervencións anteriores, como un cateterismo, ou calcular o nivel de gravidade dunha enfermidade segundo escalas clÃnicas recoñecidas, a partir dos datos dispoñibles.
Rueda salientou tamén que estas ferramentas beneficiarán directamente os pacientes. O sistema poderá resolver dúbidas relacionadas co tratamento farmacolóxico, como a duración dun medicamento, a frecuencia de toma, se se pode dividir unha pastilla ou se determinados sÃntomas poderÃan estar asociados ao tratamento. Para iso, a intelixencia artificial consultará a información do tratamento activo do paciente, sempre respectando as indicacións establecidas polo equipo clÃnico.
Outra utilidade destacada será a posibilidade de traducir a historia clÃnica do paciente a unha linguaxe sinxela e comprensible para a cidadanÃa. No caso do persoal sanitario, xerará informes estruturados baseados en antecedentes, análises ou evolución clÃnica, o que permitirá unha revisión máis áxil.
Todas estas solucións serán avaliadas e aplicaranse aquelas que demostren maior eficiencia, co obxectivo de reducir a carga burocrática dos profesionais do Sergas e mellorar a calidade asistencial mediante a automatización e optimización dos procesos clÃnicos e administrativos.
A ConsellerÃa de Sanidade prevé que as primeiras destas ferramentas poidan estar operativas ao longo do segundo semestre de 2026.
