1 vs 100 será de balde para os usuarios Gold de Xbox LIVE

martes, 28 de abril do 2009 Marcus Fernández

<em>1 vs 100</em> permitirá gañar <em>premios reais</em>A chegada da Nova Experiencia Xbox pretendía traer, aparte de avatares e unha nova interface para a Xbox 360, a posibilidade de participar en concursos en liña con premios reais, e Microsoft confirmou que o primeiro xogo deste tipo, 1 vs 100, chegará na primavera a EE.UU., Francia, Alemaña e Reino Unido (a presenza en España desta plataforma aínda é unha incógnita) e sorprende ao anunciarse que será de balde para todos os clientes Gold de Xbox LIVE.
1 vs 100 converte aos usuarios de Xbox LIVE en participantes dun xogo masivo en liña baseado nun concurso de televisión no que haberá moitos xeitos de participar: multixogador en liña e fóra de liña, modo cooperativo e eventos en directo, nos que poderemos conseguir premios reais.
Entendemos que os participantes no concurso virtual poderán optar a puntos para mercar descargas do Bazar de Xbox LIVE, aínda que supomos que tamén haberá algún gran premio físico. De ter éxito, podería ser un dos maiores incentivos para que os usuarios da Xbox 360 adquiran subscricións Gold ao servizo de xogo en liña de Microsoft.

O xogo simula á perfección un concurso televisivo




Vídeo promocional do que será este novo xogo en liña

PUBLICIDADE