10,3 millóns de euros para introducir a IA nas pemes galegas

luns, 23 de decembro do 2024 Redacción

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, durante unha visita ás instalacións de Pontevedresa Group, avanzou que o vindeiro Consello da Xunta aprobará a primeira convocatoria de axudas en Galicia para promover o uso da intelixencia artificial nas empresas. Trátase dunha liña de apoios por valor de 10,3 millóns de euros que implica apostar por que as pequenas e medianas empresas non tecnolóxicas poidan contratar servizos doutras compañías que incorporen a intelixencia artificial nos seus procesos produtivos e que, polo tanto, melloren na súa eficiencia e competitividade, explicou.
A conselleira, que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, lembrou que, por primeira vez, o Instituto Económico de Galicia (Igape) conta cunha área específica de innovación empresarial, que vai manexar un investimento de 60 millóns de euros e desde a que se vai xestionar esta liña nova liña de apoios.

A conselleira visitou Pontevedresa Group o pasado sábado