10 concellos galegos acollerán charlas de Rapaciñ@s durante o mes de xullo

xoves, 6 de xullo do 2017 Redacción

A iniciativa Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura, impulsada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) co apoio da AMTEGA, visitará 10 concellos de Galicia durante este mes con charlas informativas, a cargo dos colexiados do CPEIG, e obradoiros infantís baseados na tecnoloxía. Mentres nais e pais aprenden as vantaxes das TIC e como previr os posibles riscos, as nenas e nenos adquiren hábitos seguros para navegar na rede e desenvolven a súa creatividade tecnolóxica a través de obradoiros prácticos para que se divirtan e aprendan.
Os obradoiros, dirixidos a nenos de entre 8 e 14 anos de idade, serán de iniciación á programación (orientada a robótica) e á electrónica (arduino, makey makey), co obxectivo que os participantes teñan unha primeira aproximación a cada unha destas materias.
Cunha duración de 4 horas e cun descanso no medio, os pequenos participantes poderán facer e crear Diversas actividades prácticas e realizar un proxecto sinxelo que ten comezo e final, de tal forma que vexan o resultado da súa programación.
Para poder acudir a estas charlas de balde é preciso ser usuario da rede CeMIT e solicitar praza na localidade de interese a través da web.
O calendario de actividades desta iniciativa é o seguinte:
- 10 de xullo de 10 a 14 horas en Boiro (A Coruña)
- 13 de xullo de 10 a 14 horas en Xunqueira Ambía (Ourense)
- 14 de xullo de 16 a 20 horas en Castro Caldelas (Ourense)
- 17 de xullo de 10 a 14 horas en Padrón (A Coruña)
- 18 de xullo de 10 a 14 horas en Valga (Pontevedra)
- 19 de xullo de 10 a 14 horas en Arzúa (A Coruña)
- 20 de xullo de 10 a 14 horas en Ribeira (A Coruña)
- 21 de xullo de 10 a 14 horas en Vimianzo (A Coruña)
- 24 de xullo de 10 a 14 horas en A Cañiza (Ourense)
- 28 de xullo de 10 a 14 horas en Carballedo (Lugo)

PUBLICIDADE