11 xogadores representarán a España nos World Cyber Games
martes, 23 de setembro do 2008- Imaxe dos gañadores da competición publicada por Meristation
A pasada fin de
semana máis de 3.000 persoas se xuntaron en Madrid para a final estatal dos
World Cyber Games 2008, quedando
seleccionados 11 xogadores para representar a España na final dos mundiais dos
videoxogos que terán lugar entre os dÃas 5 e 8 de novembro en
Colonia (Alemaña).
A competición española contou co apoio de Microsoft, Samsung, o Concello de
Madrid e outras entidades, e os xogos nos que se enfrontaron os participantes
foron Counter Strike, FIFA 08, Warcraft III, Project Gotham
Racing 4, Guitar Hero III e Virtua Fighter 5.
Os gañadores da final serÃan o equipo X6TENCE AMD, formado por David Antón,
Antonio Rivas, Adrián RodrÃguez, Jeans GarcÃa e Daniel GarcÃa, que competÃa no Counter Strike; David Arboli e Jorge
Gutiérrez demostraron a súa valÃa co balón no FIFA 08; Pedro Moreno representará a España no Warcraft III; Guillermo Veramendi manexará o volante no Project Gotham Racing 4; Alejandro
Revidiego demostrou ser un virtuoso do Guitar
Hero III e Guillermo Pedrosa repartirá estopa no Virtua Fighter 5.