13 proxectos afrontan os retos do sector alimentario tralo seu paso por BFFood
martes, 10 de outubro do 2023
A
Business
Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector
alimentario galego impulsada pola Axencia Galega de Innovación
(GAIN) e o IGAPE e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia
(CLUSAGA) e empresas de referencia na industria alimentaria galega,
celebrou a cuarta edición do seu Demo Day,, un evento no cal
os proxectos impulsados presentan as súas solucións aos retos
propostos polo sector alimentario tras o seu paso por BFFood. O
encontro tamén acolleu a presentación da VI edición da
aceleradora, cuxa convocatoria se atopa aberta (ata o 15 de
novembro). Todo isto celebrouse este martes 10 de outubro no
auditorio do Edificio FEUGA no Campus Sur da USC.
A
xornada, cuxa apertura correu a cargo de Norberto Penedo, director da
Área de Competitividade do Instituto Galego de Promoción Económica
(IGAPE) e de Roberto Alonso, director de CLUSAGA, incluíu tamén un
relatorio sobre as oportunidades que propón a nova lei de startups,
da man de Vento Abogados & Asesores; e serviu para repasar as
oportunidades que ofrecen distintos fondos de investimento de apoio a
emprendedores, con XesGalicia, Unirisco, Noso Capital, CaixaBank
DayOne e Banco Sabadell.
Ao
remate da cita celebrouse unha mesa redonda sobre a experiencia e
interese dos programas de emprendemento para a industria alimentaria
que, moderada por AGACA, contou coa participación de representantes
das empresas tractoras de BFFood Casa Grande de Xanceda, GADISA e
CONGALSA. O peche institucional correo a cargo de Patricia Fernández
Liz, directora da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación
da Xunta de Galicia, que salientou “o labor de BFFood no reforzo da
competitividade e a transformación dixital do sector alimentario
galego”.
Proxectos
da cuarta edición de BFFood
Lean
4.0, Néboda Smart Factory 4.0, Bluemarine Oil, Enzicas, Code
Contract, Proplantae, ODS Protein, Las Jellys, Nano Cell Farms,
Entrii, Keyfruit, AONIR e TOTALGAC FOOD achegaron solucións nas
áreas temáticas de rastrexabilidade, calidade e seguridade
alimentaria; sustentabilidade; desenvolvemento de novos produtos;
innovación de procesos e comercialización; e dixitalización e
automatización.
Durante
o seu paso polo programa de emprendemento de BFFood, estes proxectos
recibiron apoio integral e especializado do sector alimentario galego
en función do seu grao de desenvolvemento.
Os
proxectos no programa de aceleración, Lean 4.0, Néboda Smart
Factory 4.0, Bluemarine Oil, Enzicas, Code Contract, Nano Cell Farms
e Proplantae, desenvolverondurante 9 meses o seu produto ou servizo
mínimo viable; mentres que aqueles no programa de consolidación,
ODS Protein, Las Jellys, Entrii, Keyfruit, Aonir e TottalGac Food,
afianzaron durante 12 meses as súas primeiras vendas.
Durante
o seu paso por BFFood, todas estas startups tiveron ás
principais empresas líderes do sector alimentario galego como
mentoras, guiando e facilitando o seu desenvolvemento no ecosistema
emprendedor, e tiveron acceso a financiamento específico, en forma
de subvencións a fondo perdido e préstamos participativos.
Esta
cuarta Edición de BFFood pecha tendo desenvolvido programas de
mentoring e adestramento a medida para cada proxecto ao longo
dos meses de duración de cada un dos programas, ademais de 85 horas
de formación coordinada pola USC e impartida polas tres
universidades públicas galegas.
Estas
cifras son froito do traballo en común de CLUSAGA coa Xunta de
Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, IGAPE e
XesGalicia; das empresas tractoras ALS Laber, CAPSA, Casa Grande de
Xanceda, CEAMSA, GADISA, Galacteum, Grupo Lence, Grupo Nueva
Pescanova, Hijos de Rivera, Innolact, Kiwi Atlántico, Torre de Núñez
e Viña Costeira; das tres universidades públicas galegas e das
entidades membro do Comité Técnico da aceleradora AGACA, ANFACO-
CECOPESCA, FEUGA e Unirisco.
Durante
o evento, Xosé Ramón Vázquez, responsable de BFFood, lembrou que
a convocatoria para presentar proxectos e optar a formar parte da VI
edición da aceleradora permanecerá aberta ata o 15 de novembro. De
entre as candidaturas presentadas serán seleccionadas ata dez
iniciativas para o programa de aceleración e ata seis para o de
consolidación, co obxectivo de ofrecer solucións disruptivas para
facer fronte aos novos desafíos do sector dos alimentos e as
bebidas.
Ao
longo das súas cinco edicións previas, BFFood ten impulsado 61
proxectos das 288 candidaturas recibidas, tanto desde España coma
desde fóra do continente europeo.
