2ª edición do Plan de capacitación TIC
martes, 23 de decembro do 2008
A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información puxo en marcha o pasado mes de xuño o Plan de capacitación TIC co obxectivo de capacitar á empresa TIC galega para que sexa quen de abordar proxectos de implantación e soporte de servizos básicos en Software Libre, iniciativa que contará cunha 2ª edición do 10 de xaneiro ao 14 de febreiro, rematando o prazo de inscrición o vindeiro 8 de xaneiro.