20 anos da primeira sinatura dixital da Xunta cunha entidade externa
martes, 27 de maio do 2025
O 27 de maio de 2005 marcou un antes e un despois na historia da Administración galega. Aquel dÃa, a Xunta de Galicia convertÃase na primeira administración pública de todo o Estado en asinar electronicamente un documento con entidades externas, un fito pioneiro que vén de cumprir vinte anos e que supuxo un paso decisivo cara á dixitalización do sector público autonómico.
Con motivo desta efeméride, o director da AMTEGA, Julián Cerviño, reuniuse co equipo de profesionais que fixeron posible aquela iniciativa innovadora, tanto empregados públicos como integrantes da empresa tecnolóxica que colaborou no proxecto. Cerviño destacou o carácter pioneiro daquel logro, que partiu dun esforzo colectivo e dunha aposta decidida por modernizar a Administración desde dentro.
A Xunta xa empregaba daquela a sinatura electrónica en usos internos, como o Rexistro Telemático ou as consultas interadministrativas, mais o salto cualitativo chegou co impulso da Dirección Xeral de TecnoloxÃa e Desenvolvemento Sectorial. O obxectivo: permitir a sinatura dixital tamén con terceiros, garantindo validez legal, integridade e seguridade xurÃdica. Para iso desenvolveuse un portasinaturas dixital e un sistema de verificación que sentou as bases do que hoxe é unha ferramenta habitual nos trámites da Xunta.
O primeiro documento rubricado deste xeito foi un convenio para promover o acceso das empresas á sociedade da información, asinado por Juan RodrÃguez Yuste, entón conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, e representantes das empresas Comunitel, R Cable y Telecomunicaciones Galicia e Telefónica. Foi, pois, o primeiro acordo formalizado electronicamente entre unha administración e empresas externas, con todas as garantÃas legais.
Na consecución deste logro participaron José Manuel González, director xeral de TecnoloxÃa e Desenvolvemento Sectorial, xunto a Fernando Gil, Pablo Valdés, MarÃa Teresa González, Manuel Pereiras, e os consultores Josefina Fernández e Benito Carballo da empresa Altia, ademais dos representantes das compañÃas asinantes.
Este fito abriu o camiño para unha transformación que, vinte anos despois, consolÃdase en ferramentas como o actual portasinaturas da Xunta, a extensión da sinatura electrónica a todos os procedementos, o Diario Oficial de Galicia electrónico, a Sede Electrónica, as notificacións e licitacións electrónicas, e, en xeral, un modelo de administración dixital que hoxe forma parte da vida cotiá de cidadáns e empregados públicos. Aquela primeira sinatura foi moito máis ca un acto simbólico: foi o inicio dunha nova etapa na modernización administrativa galega.
