Vémolo en El Progreso: nos vindeiros meses, Lugo convertirase na primeira cidade de Europa con tecnoloxía Wimax para conectarse a Internet. Trátase dunha das melloras previstas no Proxecto Parque, de ámbito europeo, no que están a participar outras entidades empresariais de distintos paises e que lle vai permitir á cidade galega contar cun sistema de comunicacións avanzado no parque empresarial do Ceao.
Esta instalación, que contará con paneis solares para o seu mantenemento enerxético, ademais de ofrecer (segundo o Concello de Lugo) fiabilidade, seguridade, autonomía e mobilidade, permitiralle ós empresarios conectarse á Rede dende calquera punto do parque.
O concurso público para a instalación e a explotación deste sistema sairá en novembro, segundo indicou o Concello.
Lugo será pioneira en Europa cunha rede Wimax para o Polígono do Ceao
Compartir Este Artigo

