
Os mozos destacaron o pouco ruído que xera a nova consola, o seu elevado peso, a súa aparencia reflectinte (comparable a un espello, o que podería ser un imán para o po), a lixeireza e precisión do seu mando de xogo, o seu reducido tempo de carga e incluso o feito de que a interface de usuario da PS3 sexa moi semellante ó da PSP.
Está claro que a xente da revista PSM3 son entusiastas dos produtos de Sony, polo que parecen publica só as boas novas relativas á consola, o que contrasta coas declaracións do analista David Gibson, de Macquarie Equities, que informou de que as máis de 200 unidades da PS3 que se puideron ver durante o Tokyo Game Show tiñan erros de funcionamento e precisaban ser reiniciadas cada pouco tempo. Sony respondeu ás acusacións argumentando que as consolas estaban demasiado concentradas e coa calor xerada e a limitada ventilación é normal que se produzan erros de funcionamento (o que parece ser habitual neste tipo de eventos, independentemente dos fabricante dos dispositivos electrónicos) aínda que iso podería indicar problemas de quecemento nas primeiras consolas en produción, o que fixo que o prezo das accións de Sony se resentisen no mercado bursátil, e é que parece que a calor é o meirande inimigo da historia de Sony.
Para rematar, amosamos aquí unha copia do vídeo publicado pola xente de PSM3 en YouTube:
Luces e sombras sobre a PS3
Compartir Este Artigo
