O vindeiro 10 de novembro chegará á España o xogo Guitar Hero II para PS2 (tendo que agardar ata a primavera de 2007 os usuarios de Xbox 360), que permitirá ós seus xogadores interpretar cunha guitarra eléctrica ficticia temas rockeiros tanto modernos coma clásicos.
O xogo venderase independentemente (para os usuarios que xa teñan a súa primeira entrega) ou cunha réplica dunha guitarra eléctrica Gibson SG, e nesta entrega incluirase un modo multixogador no que se poden tocar de xeito independente a guitarra e o baixo como nun grupo musical real.
Nun principio o xogo inclúe 60 temas, e ós que estean a agardar por el xa lles podemos adiantar as 40 cancións iniciais (o resto estarán bloqueadas nun primeiro momento), que se reparten en 8 bloques con 5 temas cada un:
1. Opening Licks
Motley Crue – Shout at the Devil
Danzig – Mother
Cheap Trick – Surrender
Wolfmother – Woman
Spinal Tap – Tonight I’m Gonna Rock You Tonight
2. Amp-Warmers
Kiss – Strutter
Nirvana – Heart-Shaped Box
Police – Message in a Bottle
Van Halen – You Really Got Me
Kansas – Carry on Wayward Son
3. String-Snappers
Foo Fighters – Monkey Wrench
Alice in Chains – Them Bones
Iggy Pop and the Stooges – Search and Destroy
Pretenders – Tattooed Love Boys
Black Sabbath – War Pigs
4. Thrash and Burn
Warrant – Cherry Pie
Butthole Surfers – Who Was in My Room Last Night
Mathew Sweet – Girlfriend
Rolling Stones – Can’t You Hear Me Knockin’
Guns N’ Roses – Sweet Child O’ Mine
5. Return of the Shred
Rage Against the Machine – Killing in the Name Of
Primus – John the Fisherman
Sword – Freya
Thin Lizzy – Bad Reputation
Aerosmith – Last Child
6. Relentless Riffs
Heart – Crazy on You
Stone Temple Pilots – Tripping on a Hole in a Paper Heart
Stray Cats – Rock This Town
Allman Brothers – Jessica
Jane’s Addiction – Stop
7. Furious Fretwork
Anthrax – Madhouse
Living End – Carry Me Home
Lamb of God – Laid to Rest
Reverend Horton Heat – Psychobilly Freakout
Rush – YYZ
8. Face-Melters
Avenged Sevenfold – Beast and the Harlot
Suicidal Tendencies – Institutionalized
Dick Dale – Misirlou
Megadeth – Hangar 18
Lynyrd Skynyrd – Free Bird
Vemos así que a mestura de temas resulta moi completa, interpretando dende clásicos de grupos como Police, Guns N’ Roses ou Kiss, ata unha canción do grupo ficticio Spinal Tap (tamén coñecido coma o grupo favorito de Bart Simpson). Todo un repertorio que os xogadores da primeira entrega do xogo estarán encantados de engadir ós seus repertorios musicais.
Publican a listaxe cos 40 temas iniciais incluídos no xogo Guitar Hero II
Compartir Este Artigo
