As necesidades multimedia no fogar fai que as redes informáticas domésticas procuren cada vez máis capacidade para poder reproducir vídeos de xeito remoto e moitos outros servizos que consumen moito largo de banda, polo que a aparición de routers coma o Linksys WRT350N non debería sorprender.
O WRT350N caracterízase por empregar unha tecnoloxía de comunicacións sen fíos que pode chegar a multiplicar por 12 a velocidade dunha rede baseada no estándar IEEE 802.11g, polo que permitiría reproducir vídeo en alta definición a través dunha rede sen fíos.
Ademais, o novo router de Linksys destaca especialmente por ter portos para unha rede física Gigabit (algo pouco habitual nos dispositivos domésticos) e por contar cun porto USB que permite a conexión dun disco duro para o seu uso compartido na rede, o que o converte nunha solución moi atractiva para achegar contidos a tódolos ordenadores do domicilio.
O prezo deste dispositivo aínda é un tanto elevado (uns 229 dólares) pero supón unha evolución para as redes domésticas con tecnoloxía sen fíos.
Linksys lanza un router con conectividade Wireless-N e Gigabit Ethernet
Compartir Este Artigo
