O fabricante coreano Game Park lanzou hai uns meses unha consola portátil que tomaría o relevo da súa GP32, e que, en vez de basearse na venda de xogos comerciais, tería como soporte á comunidade de usuario cun desenvolvemento aberto baseado no sistema operativo Linux.
A GP2X incorpora un procesador de dobre núcleo ARM920T e ARM940T a 200 MHz, con aceleración gráfica 2D, procesador de vídeo para descomprimir MPEG, procesador de vídeo con escalado por hardware e soporte de capas, 64 Mb de memoria RAM e 64 MB de NAND Flash, que coa súa pantalla TFT de 3,5 polgadas, unha resolución de 320×240 píxeles e o seu lector de tarxetas SD, se converteu nunha máquina multimedia que tanto serve para reproducir vídeos MPEG, XviD, e DivX
O atractivo da consola foi tal que superaron as estimacións de vendas iniciais, e o distribuidor europeo conta con ter vendidas unhas 50.000 unidades antes de rematar o ano, o que é unha cantidade máis que subliñable para un dispositivo que non contou con publicidade e que basea o seu éxito en permitir o seu uso sen limitacións.
A consola portátil GP2X vende unhas 50.000 unidades en Europa
Compartir Este Artigo
