O xogo coñecido coma Bully, e que en Europa se coñecerá coma Canis Canem Edit, tras mais dun ano de denuncias de asociacións de pais pola súa violencia (cando do xogo só se coñecía a súa sinopse) chegou ós EE.UU. cunha aceptación boísima por parte do público e da crítica, que lle valeu unha cualificación dun 10 sobre 10 por parte de 1UP, un 4,5 sobre 5 por parte de Gamespy e un 89 sobre 100 por parte de IGN, de xeito que parece que este novo xogo para PS2 está a convencer moito, e resulta estar moi afastado da idea preconcibida que se tiña do mesmo.
Canis Canem Edit xoga coa vantaxe de que os usuarios non se teñen que meter na pel dun heroe intergaláctico ou dun personaxe místico, 

Conforme avanza o xogo, o protagonista vai aprendendo a facer novas cousas, e aí radica parte do seu interese, podendo sacar fotografías, disfrazarse da mascota do equipo de fútbol, boxear no ximnasio, participar en carreiras de karts, tirar ovos ós coches ou montar nun monopatín.
Así, temos que Canis Canem Edit se asemella moito ás tópicas películas de instituto, na que tamén hai un lugar para as relacións amorosas e as amizades, ou sexa, que non todo é facer trasnadas. Quitando as polémicas sobre o xogo, ó final parece que, aínda que non sexa tecnicamente perfecto, é unha peza exemplar do lecer electrónico que posiblemente sexa lembrada por moito tempo.
O xogo tamén fai bastante uso do humor, o que queda patente no seu trailer:
Canis Canem Edit (Bully) recibe unha moi boa acollida nos EE.UU.
Compartir Este Artigo
