Un dos dispositivos que emerxeron no mercado tralo éxito das cámaras fotográficas dixitais son os marcos de fotos dixitais, que normalmente teñen altas prestacións e un tamaño medio, pero existen solucións máis orixinais e económicas coma o Digiframe Clock, que combina un reloxo dixital cun marco fotográfico cunha pantalla de 1,4 polgadas e unha resolución de 240 x 108 píxeles que almacena as imaxes nunha memoria interna de 1 Mb e que soporta imaxes en formatos JPEG, PNG, GIF e TIFF.
Temos así un dispositivo que fai de reloxo dixital, calendario, alarma, estación meteorolóxica e un visor fotográfico, alimentándose con 2 pilas AAA (para a pantalla) e 1 pila CR2032 (para o reloxo), que se pode conectar por USB para comunicarse co PC para a transferencia das imaxes a amosar (ata 63).
O curioso reloxo con marco fotográfico mide só 10,5 x 7,5 x 2,5 cm. e pesa 70 gramos (con pilas) e, aínda que non sexa un dispositivo de abraiantes prestacións só custa 89,95 dólares australianos (54,42 euros).
Reloxo e marco de fotos dixitais
Compartir Este Artigo
