Cando se anunciou que os formatos de disco chamados a suceder ó DVD (o Blu-ray e o HD DVD) empregarían compresión MPEG-2 moitos expertos botaron as mans a cabeza pola perpetuación dunha tecnoloxía de obsoleta, o que queda constancia en case calquera reprodutor de DVD actual, que soportan formatos MPEG-4 (DivX e Xvid) sen precisar dun hardware adicional de grande potencia. Estes sistemas de compresión máis avanzados se empregan actualmente para mellorar a capacidade de almacenamento, de xeito que nun mesmo DVD se poden gardar ata 6 películas cunha calidade moi semellante á dun disco orixinal.
¿Por qué os Blu-ray e os HD DVD non fan o propio? ¿Por qué se a televisión dixital en alta definición empregan codecs MPEG-4 avanzados os soportes ópticos están ancorados no pasado? A resposta está desgraciadamente moi clara: para forzar ós consumidores a empregar unha nova tecnoloxía.
Esta estratexia non parece ser ben recibida en Chine, a así, os fabricantes chineses se aliaron para a creación do formato EVD, que vén a ser unha evolución básica do DVD de xeito que emprega os mesmos soportes físicos, pero emprega coma compresión tecnoloxía de codificación máis avanzada (VP5 e VP6 para vídeo e EAC 2.0 para o son) de xeito que pode dar unha calidade de alta definición dende uns reprodutores moi económicos (estiman que custarán uns 65 euros) mentres que os fabricantes aforran pagar as taxas pola patente dos DVD (uns 3,7 euros por reprodutor).
Para o vindeiro ano moitos fabricantes poderían deixar de fabricar DVD para saltar ó EVD, aínda que está por ver se esta tendencia chegará a occidente, o que sería unha ameaza moi seria para os formatos de vídeo emerxentes. O máis probable é que estamos ante un caso no que a mercadotecnia supera á razón, polo que a iniciativa chinesa podería non ser capaz de superar as súas fronteiras.
Os fabricantes chineses apostan polo EVD coma sucesor do DVD
Compartir Este Artigo
