Os usuarios de reprodutores iPod teñen as veces dificultades para levar consigo os seus dispositivos multimedia favoritos mentres van escoitando música, posto que facer sitio nun peto non sempre é doado (e no caso dun pantalón podería rematar co reprodutor roto) polo que agora aparece unha solución coñecida coma Hangman, que é unha especie de chaveiro que se pode prender no pantalón para levar o iPod enganchado externamente á altura do cinto e que tamén inclúe un punto no que poder enrolar o cable sobrante dos auriculares.
O Hangman funciona con calquera iPod, pero resulta especialmente cómodo para os iPod nano e se vende a 19,95 dólares en cores branca e gris.
Hangman: un xeito cómodo de levar o iPod
Compartir Este Artigo
