Un usuario que mercou a nova Nintendo Wii notou que tras xogar media hora co xogo Wii Sports fixera bastante exercicio cardiobascular (incluso hai que fala de padecer awiijetas) e decidiu emprender un experimento que consistirá en xogar 30 minutos a Wii Sports durante cada día durante 6 semanas, anotando detalles coma o peso, o ritmo cardíaco, o índice de masa corporal, as maniotas… de xeito que se poida facer un seguimento pormenorizado da incorporación á rutina diaria da actividade física que supón xogar coa Wii.
Esta curiosa iniciativa responde ó nome de Wii Sports Experiment, e que persigue ver se realmente hai algún efecto (positivo ou negativo) do uso regular de xogos como os da Nintendo Wii que precisan de certa actividade física.
O protagonista deste experimento xa subiu á Rede unha fotografía para amosar o seu estado antes de comezar a experiencia, e ó final publicará outra imaxe para que se poida realizar a clásica comparación do antes e o despois.
Un experimento servirá para medir os efectos de xogar coa Nintendo Wii
Compartir Este Artigo
