O rato informático é o periférico estrela dos ordenadores, resultado xa imprescindible ou, cando menos, resultando moito máis cómodo para os usuarios que interfaces alternativas coma trackballs ou touchpads, pero que ten aínda que mellorar para que operacións repetitivas como o uso da roda de desprazamento non resulten lesivas a longo prazo para o usuario, de aí que Logitech deseñase un compañeiro para o rato e o teclado: o NuLOOQ.
Este novo dispositivo é unha ferramenta de navegación que permite atallar o uso dos controis máis comúns, como poden ser os atallos de teclado ou os desprazamentos.
O NuLOOQ pode servir así para axustar o tamaño dos pinceis no Photoshop, para axustar os atributos dun texto en InDesign, para movernos a través de documentos no noso procesador de textos, para desprazarnos en liñas de tempo de programas de edición de vídeo ou mesmo para cambiar o volume ou a canción no noso reprodutor multimedia favorito, sen ter que empregar o teclado para tal fin e sen deixar de usar o rato.
Ademais, o dispositivo é compatible con equipos Mac e PC.
NuLOOQ: o mellor amigo do rato
Compartir Este Artigo
