As consolas de videoxogos de nova xeración nos teñen afeitos a xogos con abraiantes gráficos e un acabado complexo e impresionante que lles valen aplausos da crítica e do público ata acadar vendas millonarias, pero parece que hai un mercado para xogos menos coidados sempre que se vendan a un prezo reducido, segundo indica o fito que vén de marcar Burger King, pois conseguir vender 2 millóns de copias dunha serie de xogos que se podían mercar por 3,99 dólares con cada Value Meal.

Os 3 títulos desta promoción foron Sneak King, Big Bumpin’ e Pocket Bike Racers, que veñen sendo unha aventura, un xogo de coches de choque e un xogo de carreiras respectivamente. Os dous últimos xogos incluso presentan a opción de xogar en rede grazas a Xbox Live.
Os videoxogos de Burger King superan os 2 millóns de copias vendidas
Compartir Este Artigo
