Os trebellos para escoitar música hoxe en día son, cada vez máis, trebellos para empregar en soidade (e que ninguén entenda mal este comentario). O caso é que tanto o iPod como os restantes aparellos cos que podemos reproducir cancións baixaxas pola Rede raramente deixan marxe para unha manipulación compartida, e semellan máis ben feitos para protexernos das parvadas e dos ruídos desagradables que se oen ó noso arredor. Co fin de facer de nós individuos máis sociables, vense de pór no mercado o Ion Portable Amp. Este aparello non é outra cousa que un amplificador portátil de case 20 quilos e co que poderemos por fin amosarlle ó mundo que o que realmente nos gusta é José Luis Perales e o seu tema Que canten los niños.
O seu prezo é de 225 euros, ten dúas saídas de son e batería para seis horas. Ademais, inclúe porto de entrada para inserir o reprodutor portátil.
Amplificador para compartir co mundo a música do iPod
Compartir Este Artigo
