Por fin chega unha idea que ten algo de xeito, logo de papármonos polos ollos centos de memorias USB de deseños innovadores (case sempre horteras, todo hai que dicilo) e con funcionalidades que se materializan nunha lanterna inútil ou nun camaleón que se pasea polo escritorio ou nunha bailarina que dá voltas sobre o seu propio eixo. A idea que propoñen os creadores deste novo modelo de memoria USB é abondo simple pero innovadora, e cremos que se lle poderá sacar máis partido ca (por exemplo) os patucos con MP3.
Neste trebello, os deseñadores inclúen unha dobre bifurcación para dotar de dous novos portos ó noso ordenador ou equipo no que o usemos. Preséntase en varios modelos de diferentes capacidades, dende 128 MG ata 4 GB, con alimentación a través do propio porto e especificación 2.0.
Ritek Yego: tres portos USB nun único dispositivo
Compartir Este Artigo
