A Internet móbil estase a popularizar grazas ás novas tecnoloxías e comunicación que achegan velocidades homologables coas conexións de banda larga residenciais, e para atender a tal demanda, Nova Media presentou un dispositivo USB que permite conectarse a redes GPRS, EDGE, UMTS e HSDPA, ou sexa, que soporta a práctica totalidade dos sistemas móbiles de transmisión de datos ata chegar a velocidades de 7,2 Mbps (límite da tecnoloxía HSDPA).
O GlobeSurfer ICON 7.2 tamén é compatible con ordenadores de Apple, de xeito que os usuarios de Mac verán incrementadas as súas opcións de conectividade.
Un dispositivo USB permite conectarse ás principais redes móbiles de datos
Compartir Este Artigo
