Sony presentou unha nova serie de cámaras AVCHD con gravación en alta definición (que acadan as 1.080 liñas en modo entrelazado) que incorporan disco duro de ata 100 Gb o que lles permitiría almacenar ata 38 horas de vídeo.
A serie HDR-SR tamén incorpora son envolvente, e no modelo SR8E conta con 100 Gb de disco duro mentres que os modelos SR7E e SR5E teñen discos de 60 e 40 Gb respectivamente.
Estas novas cámaras só pesan 530 gramos (sen batería) e poden tomar imaxes fixas a entre 6,1 e 4,0 Mpíxeles (segundo o modelo). Integran unha pantalla panorámica de 2,7 polgadas e comezarán a venderse en xuño de 2007 a prezos de entre 1.200 e 1.800 euros.
Sony lanzará novas cámaras domésticas de alta definición
Compartir Este Artigo
