Se ben Apple non renovou os seus equipos de tamaño reducido cos novos procesadores de Intel, AOpen xa ten o seu miniPC Duo MP965-VDR con tecnoloxía Santa Rosa, pensada para ordenadores portátiles pero moi axeitada tamén para mini-barebones, polo que son compatibles cos procesadores Core 2 Duo. Así, pódese contar con conectividade sen fíos 802.11n, aínda que o novo equipo tamén se comercializa con opción de Bluetooth, sintonizadora de televisión analóxica/dixital e Intel Turbo Memory, conseguindo xuntar nunha caixa un pouco máis grande que unha gravadora de DVD externa un ordenador con grandes prestacións que incluso permite traballar co Windows Vista e tirar proveito das posibilidades de Media Center (polo que resulta un atractivo dispositivo para achegar contidos multimedia ó televisor do salón).
AOpen anuncia un miniPC con tecnoloxía Santa Rosa
Compartir Este Artigo
