Agora que en Galicia vimos de vivir unhas eleccións municipais moi movidas os ánimos están algo caldeados, polo que en vez de botar a lingua a pacer e criticar a políticos e veciños recomendamos ós nosos lectores que aproveiten o servizo dunha nova web xermana, PlayMyGame, que nos permite personalizar un xogo de boxeo coa cara do home ou muller que queiramos, para desfogarnos.
O xogo de Flash resultante permite dar golpes de esquerda e dereita, así como ganchos ascendentes (golpes cos que é doado noquear ó contrario) e unha das vantaxes deste sistema é que permite integralo nas nosas webs e blogs.
Aparte do xogo de boxeo, dende PlayMyGame tamén permite personalizar a un personaxe bailando, unha felicitación de aniversario e un xogo consistente en disparar a un superheroe.
Un videoxogo en Flash permítenos boxear con quen máis rabia nos dea
Compartir Este Artigo
