Miis xogando a darlle toques ó balón no FIFA 08 para WiiA revista Nintendo Power no seu número do mes de xullo dá detalles sobre o xogo FIFA 08 para Wii, que destacará por introducir os Miis en distintos minixogos. Así, aínda que no xogo de EA se manexen a populares xogadores de fútbol, Ronaldiño ou Sergio Ramos non participarán en pequenos xogos que engadirán diversión a esta curiosa entrega da saga FIFA. Polo momento xa se sabe que se poderá botar unha partida ó futbolín e que haberá outro xogo no que se deberá controlar O futbolín no FIFA 08 para Wiie dar toques ó balón coa axuda do Wiimando, pero tamén se tirará proveito do mando durante o xogo normal, de xeito que os saques de banda se farán simulando os movementos do mundo real. Iso si, durante os partidos normais o xogo deixará de ter o aspecto infantil e minimalista dos Miis e contará cuns gráficos realistas ós que xa estamos afeitos nas entregas do xogo para outras plataformas. De tódolos xeitos haberá que agardar ó outono para poder mercar o novo videoxogo de EA Sports.