Os móbiles con capacidades de recepción televisiva son algo moi habitual en Corea do Sur, pero en Europa apenas hai terminais que soporten a TDT móbil e empregan a rede UTMS para tales usos, o que poderá cambiar en breve, xa que lonxe de prototipos, Nokia finalmente está a comercializar o seu N77, que é un terminal de telefonía móbil con soporte DVB-H, ou sexa, que poderá recibir a Televisión Dixital Terrestre móbil que chegará nos vindeiros meses (actualmente está en probas en varias cidades españolas), permitindo incluso o acceso a unha guía de canles, polo que fai realmente móbil o servizo televisivo (sen consumir tráfico de datos, o que podería permitir o seu acceso a un prezo atractivo).
O Nokia N77 ten unha pantalla panorámica de 2,4 polgadas, integra unha cámara de 2 Mpíxeles, é tribanda e permite reproducir son en formato MP3, AAC, AAC+, eAAC+ e WMA. O seu prezo de venda é de 370 euros.
O novo móbil xa está a anunciarse en televisión:
Nokia agarda vender entre 5 e 10 millóns de terminais con soporte da TDT móbil antes de rematar 2008 e 20 millóns antes do remate de 2009, en boa medida polo atractivo que ten levar as prestacións da televisión doméstica ó peto do usuario:
O Nokia N77 sintoniza a TDT móbil
Compartir Este Artigo
