Os dispositivos de lectura de libros electrónicos queren popularizarse, aínda que polo momento teñen un atranco importante para chegar a un mercado masivo: o seu prezo.
Avanzando nesa dirección NUUT lanza no Xapón o NP-601, que é un lector de libros electrónicos cunha pantalla E Ink Vizplex de 6 polgadas e unha resolución de 600 x 800 píxeles (ou sexa, cunha definición de 168 puntos por pulgada) que só pesa 178 gramos e incorpora un procesador compatible ARM de 32 bits a 200 MHz, 8 Mb de ROM de arranque, 32 Mb de SDRAM, 512 Mb de RAM, unha fenda para tarxetas SD, porto USB 2.0, toma para auriculares e unha batería recargable que permite amosar 7.500 páxinas cunha única carga (a tecnoloxía de papel electrónico consume só durante o cambio de contidos, ou sexa, ó pasar páxinas).

NUUT comercializa no Xapón un lector de libros electrónicos a un prezo bastante axustado
Compartir Este Artigo
