Trala prohibición do xogo Manhunt 2, o Reino Unido non parece non querer abandonar as polémicas ó redor dos videoxogos, e retiran das tendas Law & Order: Double or Nothing, baseado nunha serie de televisión, porque durante o mesmo aparecía unha iamxe pertencente a unha gravación realizada en 1993 na que unha cámara de seguridade dun centro comercial de Bootle (ás aforas de Liverpool) captaba a dous nenos de 10 anos levaban da man a un terceiro de 2 ó que torturaron e mataron posteriormente.

A compañía responsable do xogo, Legacy Interactive, desculpouse e comprometeuse á retirada de tódalas copias do videoxogo que continúen á venda.
Retiran das tendas británicas un videoxogo por incluír a imaxe dun neno que foi asasinado
Compartir Este Artigo
