A xuntanza da comisión de seguimento do plan nacional de extensión da banda larga rural para toda España serviu para publicar resultados interesantes sobre a situación da conectividade rural en Galicia, de xeito que coñecemos que o 86% das 4.701 zonas do rural nas que se considerou indispensable a cobertura ADSL na nosa comunidade xa teñen instalada a infraestrutura necesaria para o acceso rápido á Rede por algunha das tecnoloxías dispoñibles no mercado (cable, Wimax ou satélite) mentres que se agarda que en decembro de 2008 sexan o 100% das zonas as que teñan cobertura.
De atender a estes datos teriamos que Galicia sería unha das autonomías con maior cobertura de acceso á Internet de alta velocidade no rural, aínda que a contratación real do servizo fóra das grandes cidades galegas continúa a ser das máis baixas do Estado.
O 86% do rural galego conta con infraestruturas de banda larga
Compartir Este Artigo
