Trala presentación do xogo de Electronic Arts da familia Simpson pouco máis se sabía do mesmo agás que sairá no outono para PS3, PS3, PSP, Xbox 360, Wii e DS, pero grazas á celebración do E3 podemos ver cómo se verá este novo xogo, que prometer ser o mellor baseado nos personaxes que habitan a vila de Springfield.
O xogo non estará inspirado na película que se estreará a finais do presente mes, pero respectará o espírito da serie televisiva, permitindo o seguimento de distintas historias segundo o personaxe que elixamos.
Aínda que non sexa o xogo máis impresionante que se ve na feira dos videoxogos de Los Ángeles, moitos seguro que estarán entusiasmados tras ver o seu novo trailer:
O videoxogo dos Simpson xa ten trailer
Compartir Este Artigo
