Para aqueles que consideren que mirar vídeos ou fotos nunha pantalla de móbil ou nun reprodutor mp4 non ten moito xeito, a xente de ezVision vén de desenvolver o Video iWear, uns anteollos -dignos de figurar en Blade Runner– que permiten simular o efecto dunha pantalla de 50 polgadas…case nada.
O sistema consiste simplemente nuns lentes con dúas pequenas pantallas independentes dentro das cales pódense reproducir os nosos vídeos dende un mp4. En canto ao audio, o Video iWear incorpora auriculares debaixo das patillas, permitindo unha sensación de mergullamento nos vídeos e un “desvincularse” de xeito completo do mundo exterior.
Os anteollos, que se axustan do mesmo xeito ca unhas tradicionais, pesan 68 gramos, e a batería interna coa que opera todo o sistema dura ata 8 horas. O sistema tamén inclúe una serie de adaptadores para conectar os mesmos a Ipods, consolas de xogos, ou reprodutores de DVD.
Este sistema de cinema portátil vendese na rede por 221,93 € máis gastos de envío.
Os anteollos de ezVision permiten cumprir co soño do cinema portátil
Compartir Este Artigo
