
Este novo xogo de Conan para as consolas de última xeración parece moi influenciado pola franquicia de God of War, polo que os combates violentos con varios inimigos e a estética lúgubre acompañarán a este impresionante xogo no que non faltan distintos tipos de armas e combos de golpes para calmar a sede de sangue dos xogadores máis violentos.
Trailer do xogo de Conan para PS3 Trailer do xogo para PC |
Pero as aventuras do Cimerio non quedarán só nas consolas, senón que os usuarios de PC poderán ter un produto se cabe máis agardado (o seu primeiro trailer apareceu hai máis de 2 anos), o Age of Conan: Hyborian Adventures, que non se limita a ser un agresivo xogo de espadas, senón que se converte nun xogo masivo multixogador ambientado no universo de Conan, de xeito que se combinan os combates violentos coas interaccións e a formación de gremios que permita o xogo colaborativo, así como actividades non violentas, aínda que tamén coidarán a evolución do xogo de xeito que vaian aparecendo novos retos que precisen da agrupación de xogadores para superalos.
Este novo xogo en liña aparecerá antes de rematar o ano, permitirá que por unha ocasión os usuarios de PC poidan ter un sistema de xogo do que sentirán envexa os posuidores das últimas consolas de videoxogos.
