Steve Jobs presentou onte os novos iMac, pero os Mac mini tamén se renovaron, aínda que non na súa aparencia externa, senón que incorporaron os procesadores Intel Core 2 Duo, o que lles permite incrementar a súa velocidade un 33% vendéndose en dúas configuracións: unha a 1,83 GHz, con 1 Gb de RAM, 80 Gb de disco duro e unidade combo por 579 euros e outra a 2 GHz, con 1 Gb de RAM, 120 Gb de disco duro e unidade SuperDrive por 759 euros.
Os novos equipos inclúen o novo paquete de aplicacións iLife ’08, que permite tirar un mellor proveito da multimedia no Mac.
O Mac mini incorpora procesadores Core 2 Duo
Compartir Este Artigo
