Intel lanza novos procesadores Xeon de cuádruplo núcleo para servidores
Onte, luns 13, a empresa Intel engadiu dous novos procesadores á súa serie Xeon, a máis rápida que a empresa ten ata o día de hoxe. Trátase dos modelos X5365 y L5335, os que, grazas ós seus catro núcleos son quen de levar a cabo múltiples tarefas a unha gran velocidade, administrar mellor a memoria operativa e axilizar as funcións mais complexas, como por exemplo o rendering de imaxes.
O X5365, que pode ser instalado tanto en servidores coma nas denominadas workstations (ordenadores de alto rendemento para traballo técnico), acada unha velocidade de 3 ghz, e foi deseñado coa idea de mellorar o procesamento de datos e permitir levar a cabo operacións de deseño e análises nun mesmo tempo. A alimentación do mesmo é a estándar (a 120 vatios nos EE.UU) e ó igual cóL5335 incorpora un bus frontal cunha velocidade de 1333MHz.
O outro acabado de chegar, o L5335, recoméndase para servidores que requiran un maior aforro de espazo e de enerxía. É un pouco máis lento có seu irmán, chegando a unha velocidade de 2.0 GHz, pero cun baixo consumo de enerxía de tan só 50 vatios, ou o que é o mesmo: 12.5 por procesador.
En canto os prezos, o X5365 roldaría os 1.172 dólares (uns 863 euros) mentres que o L5365 sería máis económico, xa que chega ao mercado cun prezo recomendado
