Un estudo do grupo NPD realizado nos EE.UU. podería dar na chave do éxito de consolas como a Nintendo Wii fronte a PS3 e a Xbox 360, pois detecta unha certa indiferenza do público ante a alta definición así como unha ignorancia bastante estendida das características das consolas de videoxogos.
Mediante 6.200 entrevistas detectaron que entre os donos dunha PS3 só o 40% saía que contaba cun reprodutor de Blu-ray, e destes, só unha metade vira algunha película en tal formato, mentres que coa Xbox 360 só o 30% dos posuidores da consola de Microsoft sabía que tiña capacidades de alta definición.
Esta ignorancia dos consumidores podería responder ó feito de que a alta definición aínda non está moi espallada, pero ó constatar que o 37% dos usuarios de PS3 non sabían que a súa consola permitía xogar ós títulos desenvolvidos para PS2 podemos asegurar que a situación debe de ser desesperante para os fabricantes, e así unha consola con peores prestacións como a Wii pode aproveitar a situación para dominar o mercado durante meses.
A meirande parte dos usuarios de PS3 e Xbox 360 non saben que as súas consolas soportan vídeo en alta definición
Compartir Este Artigo
