
Co fin de que esta tecnoloxía arrinque coa mellor posición en liña de saída e non fique coma outras infrautilizada, Medio Rural xa anunciou de que nun principio será de acceso gratuíto e que incluirá “servizos adaptados ás demandas dos veciños”. O proxecto, que inclúe enquisas entre os veciños para saber o tipo de solucións en liña que requiren, virá acompañado dunha mellora na recepción da canles de televisión e radio analóxicas. Innovación (que concorre na iniciativa cun orzamento de 60.000 euros) e Medio Rural achegan estes días unha interesante entrevista a un dos responsables da habilitación da infraestrutura, Víctor Álvarez, quen sinala que unha das grandes vantaxes do programa reside no que ten de loita contra a fenda dixital, esa que dá lugar a unha inxusta situación de desvantaxe do rural fronte ós espazos urbanos en liña: “Con esta rede”, di, “un rapaz dunha aldea do Courel accederá a Internet igual ca un de Lugo”.
Medio Rural anuncia que a rede WiMAX pública do Courel estará operativa en decembro
Compartir Este Artigo
